viernes, 17 de noviembre de 2017

"A incríbel viaxe de Noa"

Ilustración por Miguel Robledo.

"Chámome Noa e ou meu mundo está a morrer. Sei que non é un bonito comezo, pero é a verdade. Os meus pais e mais eu tentamos fuxir na procura dun lugar mellor fóra da Urbe. Sen embargo, os axentes da Corporación deron connosco e agora atópome perdida neste perigoso lugar coñecido como a Rexión Exterior. Na compaña do meu can Martin debo percorrer o longo camiño até unha misteriosa illa coa encomenda de entregar o que talvez sexa o obxecto máis importante do mundo, un legado que me deixaron os meus pais e que podería cambiar o futuro.
     Esta é a historia desa incrible viaxe"


Este vindeiro Nadal teredes dispoñible a miña nova novela "A Incríbel viaxe de Noa". Unha historia de aventuras que narra a fabulosa viaxe dunha rapaza e o seu can Martin nun desolado mundo post-Apocalíptico
    Precisaba un pequeno respiro do meu querido profesor Hoffman e antes de abordar a súa cuarta aventura embarqueime nesta odisea xunto a Noa e os seus amigos.
    Se vos gustan as pelis de Miyazaki "O castelo ambulante", "A viaxe de Chihiro", "A princesa Mononoke"... de seguro gozaredes desta historia. Foi a miña intención homenaxear a súa obra e crear un conto o estilo Ghibli. A ver se con sorte se anima a levala a pantalla grande antes de retirarse. 😜
   Por certo, "A Incríbel Viaxe de Noa" inaugura a nova colección xuvenil de Contos Estraños: 10.000 MUTANTES!

Gozade o completo da fabulosa capa desplegable de Miguel Robledo.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario