![]() | |
Ilustración por Miguel Robledo. |
"Chámome Noa e ou
meu mundo está a morrer. Sei que non é un bonito comezo, pero é a
verdade. Os meus pais e mais eu tentamos fuxir na procura dun lugar
mellor fóra da Urbe. Sen embargo, os axentes da Corporación deron
connosco e agora atópome perdida neste perigoso lugar coñecido como
a Rexión Exterior. Na compaña do meu can Martin debo percorrer o
longo camiño até unha misteriosa illa coa encomenda de entregar o
que talvez sexa o obxecto máis importante do mundo, un legado que
me deixaron os meus pais e que podería cambiar o futuro.
Esta é a
historia desa incrible viaxe"
Este vindeiro Nadal teredes dispoñible a miña nova novela "A Incríbel viaxe de Noa". Unha historia de aventuras que narra a fabulosa viaxe dunha rapaza e o seu can Martin nun desolado mundo post-Apocalíptico
Precisaba un pequeno respiro do meu querido profesor Hoffman e antes de abordar a súa cuarta aventura embarqueime nesta odisea xunto a Noa e os seus amigos.
Precisaba un pequeno respiro do meu querido profesor Hoffman e antes de abordar a súa cuarta aventura embarqueime nesta odisea xunto a Noa e os seus amigos.
Se vos gustan as pelis de Miyazaki "O castelo ambulante", "A viaxe de Chihiro", "A princesa Mononoke"... de seguro gozaredes desta historia. Foi a miña intención homenaxear a súa obra e crear un conto o estilo Ghibli. A ver se con sorte se anima a levala a pantalla grande antes de retirarse. 😜
Por certo, "A Incríbel Viaxe de Noa" inaugura a nova colección xuvenil de Contos Estraños: 10.000 MUTANTES!
![]() |
Gozade o completo da fabulosa capa desplegable de Miguel Robledo. |